CAMELIAS MASCOTAS

Sorteo de tres entradas para o musical de Peter Pan

A Movida quere agrader o apoio de tódolos seus seguidores co sorteo tres entradas para o musical de Peter Pan. O musical máis aclamado das últimas décadas que visitou o West End Londiniense, despregou a súa maxia no GarrickTheatre e que chega a Vigo o 20 xullo.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook e darlle gústame nesta publicación.

prazo para participar é ata o mércores 18 de xullo ás 12 da noite, o xoves  19 coñeceremos o gañador ou gañadora das dúas entradas.

Sobre ‘Peter Pan’
Trátase dunha produción familiar de gran formato que cativou a máis de 4.000.000 de espectadores con máis de 4.500 representacións e gran éxito de crítica e público: o maior espectáculo familiar das últimas dúas décadas en España. Algo nunca visto no panorama do Teatro Musical Español.
Agora en Galicia dentro da súa xira nacional e despois de visitar o Teatro Gran Vía de Madrid.
O períodico ” The Times” de Londres publicou: “Peter Pan O Musical no top five dos mellores musicais de Londres”

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook de @amovidavigo
  • Darlle gústame no Facebook de @amovidavigo á publicación do sorteo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o mércores 18 de xullo ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto co gañador ou gañadora mediante o seu perfil de facebook; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA NOVEMBRO

O premio:
Sortéanse tres entradas para o musical de Peter Pan no Teatro Afundación o vindeiro 20 de xullo. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.