REVISTA ABRIL
Vista do Peirao do Náutico nunha edición pasada

30 grupos galegos actuarán en O Marisquiño

Esta mañá desvelouse o cartel musical do festival de deportes urbanos, que se celebra do 12 ao 14 de agosto en varias localizacións da cidade de Vigo. A selección de artistas musicais está pragada de artistas vigueses e emerxentes da escena electrónica, trap e alternativa como Boyanka Kostova, Youcanthide, Bflecha ou Mwëslee.

REVISTA ABRIL
Vista do Peirao do Náutico nunha edición pasada
Vista do Peirao do Náutico nunha edición pasada | @omarisquinho

O Marisquiño desvelou os nomes dos 30 grupos que actuarán durante tres días nos dous escenarios reservados polos organizadores. Por un lado, o peirao de Transatlánticos, bautixado como zona Sunset e, por outro, Samil, zona Oasis. Nas dúas áreas musicais haberá música de forma continúa cunha área chill out.

En total serán 30 actuacións, todas elas de grupos galegos con gran presenza de vigueses e de mulleres. A música soará desde o venres ao domingo durante doce horas seguidas en ambos lugares, desde as 13:00 horas ata as 01:00 horas. Os estilos que van desde os ritmos urbanos como o hip-hop ao trap e á electrónica de artistas como Boyanka Kostova, Youcanthide, Bflecha ou Mwëslee.

No escenario Oasis Samil serán Phonotoner, Meteoro, Cactus, Elecesar, Iaghost, Iamneke, Bflecha, Russ, Morte Morrida, FonKid, La Shawty, Soren Manzoni, Babykatze, La Eterna y Eternal Entropy. Pola súa banda, no peirao de Transatlánticos estarán Supernatural TBC, Rapariga DJ, Baron Ashler, Royce Rolo, Henry Guitarra, MC, Confraría Chalana, Baby Pantera, Youcanthide, Pedraxe, Dirty Suc, Boyanka Kostova, Pup Puppy, Adios Adios, Juicy Bae, Mwëslee, Yugen Kala e Toccoror.