VIALIA
REVISTA MARZO

3, 2, 1… Reconquista!

Comeza a conta atrás para a festa máis esperada por tódolos vigueses: A Reconquista. Este ano posponse a súa celebración á fin de semana do 6 e 7 de abril por mor da Semana Santa. As rúas do Vigo Vello engalanaranse para botar, unha vez máis, os gavachos e reconquistar a cidade.

A Praza da Constitución ateigada de xente nunha edición pasada da Reconquista | Fernando Laconde

As rúas do casco histórico se converterán nun gran mercado do século XIX no que se mesturará xente caracterizada de soldados napoleónicos, con campesiños, artesáns, comerciantes e pescadores da época. Máis de trinta agrupacións animarán con música as rúas e prazas do Casco Vello e o domingo haberá vinte demostracións de oficios tradicionais, algúns deles case en extinción. Unha das novidades desta nova edición é que haberá un novo torreiro situado en Joaquín Penzol onde se irán sucedendo diferentes actuacións.

Banner A Movidiña

O domingo será o día grande. Todo Vigo se preparará para botar fóra aos franceses que intentan impor na cidade os ideais de ‘Liberdade, Igualdade, Franternidade’ pola forza e van atoparse cunha cidade unida na súa contra. Trala vitoria local Vigo alcanzaría o titulo de cidade ‘fiel, leal y valerosa’ que lle otorgou o rei Fernando VII.

Para os pequenos
Os nenos tamén xogarán o seu papel. O xoves día 5 máis de 600 cativos tomarán as rúas do Casco Vello ao son de tambores feitos por eles mesmos. Trátase da Reconquistiña, unha actividade escolar a través da que se lles explica aos nenos este anaco da nosa historia. Pasearanse polo barrio ataviados de época e rematarán no Berbés cunha gran chocolatada. O sábado pola mañá, tamén na praza do Berbés, celebrarase un serán infantil.

Torneos deportivos
Como novidade este ano se celebrarán dous torneos deportivos. Un de fútbol gaélico no que participarán tres equipos de Irlanda, dous de Lisboa e un da Bretaña francesa e que se celebrará o sábado no Monte da Mina. E un torneo de Rugby no que tamén participarán equipos internacionais vindos dende Arxentina, Francia e Portugal.