Millar e medio de carteis de 66 países no Bienal de Cartelismo Terras Gauda
A Estación Marítima acollerá ata o 20 de novembro case millar e medio de carteis grazas ao concurso Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda, que conta con presenza dos cinco continentes nos seus participantes. Fotos: Pablo V.
Nin máis nin menos, 1435 carteis atoparanse expostos na Estación Marítima ata o 20 de novembro, unha mostra dunha gran calidade e variedade da que sairá o vencedor desta Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda. As obras, recibidas dun total de 66 países, mostran a infinidade de formas que existen para representar o concepto do viño e das Rías Baixas. Estados Unidos, China, Xapón, Australia, Sudáfrica, Noruega, Camerún, Nixeria, Sri Lanka, India, Rusia, Irán, Bangladesh, Tailandia ou México son só algúns dos países que teñen representación nesta enorme mostra.
O artífice do cartel gañador será galardoado con 10.000€ en metálico, mentres que os dous accésit e a Mención Especial recibirán 2.000€ cada un. O xurado está conformado por Javier Jaén, profesional do diseño que ten traballado para The New Yorker, The Washington Post, Time, National Geographic ou Louis Vuitton; Diego Areso, director de arte de El País e El País Semanal; Jose Mª Fonseca Moretón, presidente de Terras Gauda; Enrique Costas, presidente da Autoridade Portuaria; Enrique López, técnico de Turismo de Galicia; Pilar Barreiro, viúva de Francisco Mantecón; Paulino Novo, secretario, e Miguel Palmeiro, deseñador portugués gañador da anterior edición.
Como cada ano, o concurso leva o nome de Francisco Mantecón, famoso pintor e deseñador vigués. Os 40 finalistas escollidos polo xurado optarán á posibilidade de realizar a cartelería para os anos 2020 e 2021 para as Xorndas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Turismo de Galicia.