CAMELIAS MASCOTAS

10 días, 10 sorteos

Comeza unha nova edición da Feira do Libro. Por diante, 10 días nos que a zona da Farola de Urzáiz e o museo MARCO vai encherse de libros, obradoiros, coloquios e firmas. En A Movida, xunto coa Editorial Xerais, queremos celebrar o amor pola lectura e por elo vamos sortear un libro cada día.

O sorteo durará os 10 días da Feira do Libro. Cada día faremos unha publicación nas nosas redes sociais co libro que corresponda e o prazo para entrar no sorteo dese libro será ata ás 23.59 horas dese mesmo día. Os libros que sorteamos son:

  • Xoves 27 de xuño: Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva. Participa premendo aquí.
  • Venres 28 de xuño: A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto.
  • Sábado 29 de xuño: Quokka Moka, de María Solar.
  • Domingo 30 de xuño: Pioneiras 2, de Anaír Rodríguez.
  • Luns 1 de xullo: Dragal V, de Elena Gallego Abad.
  • Martes 2 de xullo: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas.
  • Mércores 3 de xullo: Penumbra, de Daniel Landesa.
  • Xoves 4 de xullo: As mulleres do fin do mundo, de Daniel Asorei.
  • Venres 5 de xullo: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco.
  • Sábado 6 de xullo: Rosalía feminista, de Helena González Fernández.

O sorteo non sempre será na mesma rede social. Iremos variando cada día e o anunciaremos tanto en Facebook, Instragram como Twitter e WhatsApp. O premiado anunciarase ao día seguinte polo medio no que participou no sorteo.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook, Instragram ou Twitter de @amovidavigo.
  • Darlle gústame á publicación que fagamos do sorteo nunha desas redes sociais.
  • O prazo para participar en cada sorteo diario será ata as 23.59 da noite e o conxunto de sorteos rematarán o sábado 6 de xullo.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil nunha das redes socias mencionadas. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos.

Gañador/a:
O gañador ou gañadora serán elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o seu perfil de Facebook, Twitter ou Instagram; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA NOVEMBRO

O premio:
Sortéanse dez libros da Editorial Xerais ligados á programación da Feira do Libro de Vigo.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook, Twiiter e Instagram non patrocinan, avalan nin administran de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.