Vigo repite como cidade con máis bandeiras azuis
Doce bandeiras azuis ondean sobre a cidade de Vigo. Nove praias e tres sendeiros reciben por segundo ano consecutivo o recoñecemento da Asociación de Educación Ambiental al Consumidor (Adeac). Co verán recén inaugurado só nos queda gozar delas, contámosche cales son.
O verán xa está aquí e se algo nos gusta aos vigueses e aproveitar os días de sol na praia. Este ano volvemos a estar de noraboa porque Vigo repite como a urbe española con máis praias de bandeira azul. Nove areais recibiron esta distinción e hoxe procedeuse ao tradicional izado de bandeira en: A Punta, Tombo do Gato, Fortiñón, O Vao, Argazada, Canido, Fontaíña, Rodas e Figueiras, estas dúas últimas nas Illas Cíes. Malia non ser a cidade con máis quilómetros de costa, a cidade olívica pode presumir de ter as praias de maior calidade. Séguenlle Valencia (7), Cartagena (5), A Coruña (5) o Barcelona (4). A estas nove praias súmaselles as tres bandeiras azuis conseguidas polos sendeiros de O Lagares, o Camiño Litoral do Monte da Guía e o Paseo Entre Faros das Illas Cíes.
A Adeac valora criterios como a seguridade, a limpeza, o mantemento, a calidade da auga, a xestión ambiental, a información e a educación ambiental e os servizos dos que está dotada a praia. No seguinte mapa podes localizar todas as praias premiadas con bandeira azul. Xa as coñeces todas, cal é a túa favorita?