CAMELIAS MASCOTAS

Todo o mundo a bordo: comeza o Festival Sinsal

Contra vento, marea e pandemia, o Festival Sinsal non perde a esencia. Nesta nova edición, autoproclamada Esencial, o evento máis especial destes lares volve a Illa de San Simón para ofrecernos tres días de música desde un enclave único. Xa sexa desde Vigo ou desde Meirande, que todo o mundo (con entrada, claro) suba a bordo par gozar novamente da experiencia Sinsal.

As illas de San Antón e San Simón | P. Vázquez

O habitual antes do comezo dun festival é falar do seu cartel ou entrevistar a algún dos artistas que alí actuarán. Como ben sabedes, neste caso non é posible, pois o Sinsal mantén desde os seus inicios unha filosofía de secretismo arredor da música que alí soará. Algo que nin moito menos bota atrás ao público, pois ano tras ano esgotan as entradas nun abrir e pechar de ollos. Ademais do apartado musical está o experencial, pois por desgraza o Sinsal é un dos poucos eventos culturais que teñen lugar na fermosa Illa de San Simón. Un espazo máxico que, estando tan preto, moita xente da contorna aínda non pisou.

REVISTA NOVEMBRO

Para ser un arquipélago tan pequeno (aínda que unidas por unha ponte, son dúas illas: San Simón e San Antón), non son poucas as cousas que alí tiveron lugar. Foi mosteiro, lazareto, orfanato e cárcere; foi saqueada por piratas, atacada polas tropas inglesas e testigo de fusilamentos e naufraxios. Unha vez alí sorprende a súa extensión, maior do que semella desde fóra, e a cantidade e o bo estado da súa insfraestructura. Poucos sitios se nos ocrren mellores para albergar un festival de música que este.

Este ano haberá algunhas novidades, causadas principalmente pola situación sanitaria. Os concertos serán todos de tarde, e haberá catro actuacións, unha conversa sobre o futuro sostible da industria cultural e unha sesión de DJ para animar a despedida. Ademais dos dous escenarios principais, haberá un virtual, proposta innovadora que chega da man do equipo de Liveforevr -que realizarán un Art in Residence estes días na illa coas últimas tecnoloxías de vídeo e audio- e suporá a retransmisión aberta a todo o mundo dunha experiencia inmersiva, en colaboración cunha das artistas do festival.

As actividades paralelas tamén serán reducidas, pero o seu interese permanece intacto. Celebrarase un paseo en catamarán pola enseada de San Simón cun concerto semiacústico o sábado 24. Durante o percorrido un artista secreto galego presentará, en primicia, o seu novo disco. A cineasta redondelá Diana Toucedo tamén amosará  no Sinsal, en exclusiva, as primeiras imaxes do seu próximo traballoTatuado nos ollos levamos o pouso é unha curtametraxe documental filmada en 16mm e dixital coas mariscadoras e mariñeiros da Confraría San Xoán de Redondela, cuxa rodaxe tivo lugar durante a pasada edición do Sinsal Litoral.