VIALIA
Encordass Fiddle Fest

The Wild Fest celebra unha carreira e andaina canina polo monte de San Miguel de Oia

O festival The Wild Fest organiza dúas actividades de lecer activo na natureza: Orientaventura, que reúne a un centenar de persoas cada ano, e a novidade deste ano, a Wild Dog Race, unha carreira e andaina canina.

Desde a súa primeira edición The Wild Fest aposta por programar actividades que fan visible a importancia de coidar o medio ambiente e conciencias ás persoas sobre o valor da contorna natural. Durante catro edicións celebrouse a carreira de obstáculos The Wild Race e realizáronse andainas da man dos responsables da Comunidade de montes, nas que se percorreron sendeiros, puntos singulares e espectaculares miradoiros do Parque Forestal. Este ano, o festival  mantén a actividade Orientaventura e renova a súa oferta con Wild Dog Race.

A nova proposta é unha proba non competitiva na que poden participar persoas de todas as idades acompañadas dos seus cans. Wild Dog Race conta con tres modalidades: andaina, carreira e carreira infantil. As dúas primeiras teñen un percorrido de 5km debidamente sinalizado con balizas e a infantil de tan só 100 metros. No caso da carreira, o percorrido conta con obstáculos e retos que a fan máis emocionante.

Os cans deben ter polo menos 12 meses para participar na carreira e 6 na andaina e contar coa cartilla de vacinación actualizada. Durante toda a proba deberán levar arnés e correa polo que non é preciso que conten cun adestramento específico para desfrutar da actividade.

Wild Dog Race terá lugar o domingo 25 de xuño no Parque Forestal de San Miguel de Oia pola mañá. Tanto o regulamento completo como o formulario de inscrición están dispoñibles na web Sportsmaniacs. A participación ten un custe de 15 € por persoa e é gratuíta para os menores de 12 anos. O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de xuño.

REVISTA MAIO

Asímesmo, dado o éxito acadado en anteriores edicións, Orientaventura volve a The Wild Fest o domingo ás 10 da mañá. A actividade realízase por grupos de dous a cinco persoas e conta cunha modalidade específica para familias. En Orientaventura deberanse superar diversas probas e retos ao mesmo tempo que terán que orientarse coa axuda dun mapa e atopar diversos puntos de control. As inscricións estarán abertas próximamente.