CAMELIAS MASCOTAS

Teatro, poesía e sardiñas no Casco Vello Alto

Este xuño o Casco Vello Alto está de festa. Ao longo do que queda de mes, poderemos gozar dunha variada oferta cultural nun dos barrios con máis encanto da cidade, que vai dende teatro ao aire libre ata a súa xa clásica sardiñada de San Xoán.

Mostra dunha representación teatral na Praza do Abanico

Este sábado 16 comezan as actividades do Casco Vello Alto, unha zona que está vivindo unha gran renovación nos últimos anos. Xa de mañá, ás 12 do mediodía, poderemos asistir á obra de teatro ‘As metamorfoses de Pulcinella’, organizada pola Comedia dell Arte. Todas as actividades programadas terán lugar na Praza do Abanico, na confluencia entre Subida á Costa e a Rúa San Sebastián. Ao día seguinte, o domingo 17, atoparemos ás 19:30 outra sesión da mesma obra, perro co engadido do concerto da banda Tardis ao rematar.
Tras o Petardbingo solidario a cargo da discoteca PetardPop o venres ás 20:00, o prato forte chegará o sábado coa clásica sardiñada de San Xoán. Para non quedarte sen xantar, poderás dar a benvida ao verán cun par de sardiñas , exquisito pan de millo e una empanadilla artesá nas mans, mercando uns boletos a 5 euros que sairán a venda o martes día 12. Os puntos de adquisición serán o Café Matina e o Café El Castro.
Para rematar o mes, o venres 29 e o sábado 30 terá lugar o Festival Internacional de Poesía Poemaria. Ademais, tódalas findes de xuño a outubro haberá concerto no Paseo de Alfonso XII, cunhas vistas inmellorables. Se che interesa o teatro, a música e a poesía, ou non queres acabar co calzado cheo de area tras celebrar San Xoán, pásate este mes sen dubidalo polo Casco Vello Alto.