Sorteo de entradas coa revista de outubro

Para participar no sorteo só tes que buscar a nosa revista A Movida do mes de outubro nalgún dos máis de 180 locais de Vigo e na páxina 23 atoparás un código. Enche o seguinte formulario co teu enderezo electrónico, número de teléfono e o código. Así, entrarás no sorteo de dúas entradas para o show de Ángel Martín: Lo de hablar 2 que estará no Teatro Salesianos o 19 de outubro ás 21 horas.

prazo para participar remata o día 15 de outubro ás 12 da noite, o martes 16 coñeceremos o gañador ou gañadora das dúas entradas.

* campo obrigatorio


A Movida comprométese a que o teu número de teléfono só será empregado para poñerse en contacto contigo en caso sexas o gañador/a do sorteo.

Newsletter

Tratamento de datos


Sobre ‘Lo de hablar 2’

Lo de hablar 2 é o novo e irreverente show de Ángel Martín. Un espectáculo que segundo el mesmo “é un puto monólogo”. Fin. Non haberá proxeccions, nin cancións, nin convidados. Só estará el co micro. (A non ser que se poña malo, daquela seguramente se cancele). Así que non será un espectáculo que vai revolucionar o mundo da comedia porque non o fará. Ángel Martín leva tres anos sen facer monólogos así que seguramente ten perdido o pulso e non terá bromas espectaculares. Pero, como nestes tres anos morreu o seu avó, seu pai sufriu un ictus e el descubriu a marihuana e a pesar de levar unha carreira televisiva que parecía que iba despegar rematou presentando un programa de ciencia na dúas que non ve nin a súa puta nai… el precisaba beber e falar. Así que se ti precisas beber e escoitar… este é o teu show. As entradas xa están dispoñibles.

REVISTA ABRIL

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Encher o formulario.
  • Inxerir o código que ataparás na revista de outubro.
  • Aceptar a política de privacidade e de tratamento de datos.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o luns 15 de outubro ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos.

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto co gañador ou gañadora a través do telefono ou o enderezo electrónico; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Sortéanse dúas entradas para o espectáculo Lo de hablar 2 no Teatro Salesianos de Vigo o venres 19 de outubro. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

(GMT+01:00) Teatro Salesianos