Woodtown é unha tenda na que se reúnen un conxunto de marcas baixo a influencia do skate, o street e o alternativo entre outras tendencias de moda. Woodtown non pretende ser unha marca en si, senón que busca presentarse como un estilo de vida moderno no que encaixan moitos dos espíritos creativos que os vigueses levan no seu interior.
Cando entras en Woodtown non só atopas unha multitude de produtos como pantalóns, suadoiros, camisetas, cazadoras, camisas, calzado, gorras, bañadores, lentes de sol, vestidos, monos, saias,… senón que sentiraste identificado coa túa forma de vestir e vivir.
Desde a súa creación en 2015 seguen apostando polas novidades dentro do estilo que tanto os caracteriza, poñendo á disposicións dos clientes as novas coleccións das marcas que xa traballan, así como outras novas que chegan ao mercado.
Horario:
De luns a venres: 10.00-13.00 e 16.30-20-30
Sábado: 10.00-13.00 e 17.30-20-30
Doming: pechado