Aberta desde 1965, Librouro xa se converteu nunha das librarías de referencia no centro da cidade. Cun catálogo xeral e diverso, no que se presta especial atención ao libro en galego, podemos atopar a obra que necesitemos e ser recibidos cun trato profesional e amable.
Entre a súa oferta podemos atopar literatura xeral, textos universitarios, libros de idiomas, obras infantís e xuvenís, cómics, papelería e incluso filatelia.
Con máis de 52 anos de traxectoria, Librouro organiza múltiples actividades ao longo do ano para a dinamización da lectura como son as presentacións de libros, as firmas de exemplares ou a participación na Feira do Libro que se celebra no verán.
Horario de inverno:
De luns a venres: 09.45-13.30 e 16.30 a 20.30
Sábados: 10.00-14.00 e 16.30 a 20.30
Domingo: pechado
Horario de verán:
De luns a venres: 09.45-13.30 e 17.00 a 20.30
Sábados: 10.00-14.00
Domingo: pechado
Próximos eventos:
[add_eventon_el event_location=”5106″ number_of_months=”12″ sep_month=”yes” ux_val=”4″ hide_mult_occur=”no” hide_empty_months=”yes” tiles=”yes” tile_bg=”1″ tile_style=”1″ tile_count=”3″ hide_so=”yes”]