Aberta desde xullo de 2011, Le Maché de Rachel é máis que unha tenda. É unha combinación de ilusións, soños, gusto polas almas artesás e os elementos con encanto. Catro paredes cheas de encanto parisiense e a coquetería dos anos 50.
Neste establecenmento poderemos atopar tanto de marcas nacionais como internacionais que mostran coa arte de vestir e calzar a unha muller actual, audaz e vangardista. Tamén lles dan moita importancia aos complementos, onde deixan voar a imaxinación de ilustradores e artesáns. É unha tenda para mulleres que aínda conservan unha nena no seu interior. Personaxes como Caperuchiña Vermella, Mary Poppins ou mulleres importantes na historia conviven en cada unha das pezas e obxectos de Le Marché de Rachel.
O 90% dos proxectos de moda e accesorios que podemos atopar son creados por e para mulleres. Desde Animosa, marca viguesa que fixo do empoderamento feminino a súa razón de ser, a pequenas artesás como a ilustradora Esther Voltá. Todas elas son o exemplo perfecto desa procura da equidade, e do fortes e valentes que somos as mulleres no noso día a día“.
En definitiva, é o lugar das cousas bonitas que nace de almas artesás e soñadoras. En palabras da súa dona é un lugar cheo de cousas bonitas, porque a vida é demasido curta para levar roupa, zapatos ou complementos aburridos.
Horario:
Luns: 10.30 a 13.30, 16.30 e 20.30
Martes: 10.30 a 18.00
Mércores, xoves e venres: 10.30 a 13.30, 16.30 a 20.30
Sábado: 11.00 a 14.00
Domingo: Pechado