CAMELIAS MASCOTAS

Portas abertas en Naturnova polo Día Mundial do Medio Ambiente

O sábado día 9 de xuño, co motivo do Día Internacional do Medio Ambiente, Naturnova realiza a súa xa tradicional xornada de portas abertas, na que calquera persoa pode visitar as instalacións de maneira gratuíta de 17:30 a 20:30.

cartel naturnova

Dende a súa apertura en 2003, este centro busca educar e concienciar á poboación da importancia do respecto polo medio ambiente, sempre dunha forma amena e dinámica. Unha viaxe didáctica que vai dende a infinidade do Universo ata todo o que temos diante (auga, aire e terra), e a nosa relación como seres vivos con todos estes elementos.

A mostra, a través de imaxes virtuais, cheiros, mapas, obxectos e recreacións de ambientes tenta fomentar a curiosidade e o interese nos visitantes, conseguindo así unha maior concienciación pola natureza. Unha forma distinta, lúdica e interactiva de coñecer o que nos rodea.