CAMELIAS MASCOTAS

Os imprescindibles para a volta á escola

Como cada ano, toca preparar todo o necesario para o curso escolar. Algúns xa son veteranos neste tema, pero como algunha vez ten que ser a primeira, outros están debutando nesta situación. Velaquí unha lista de imprescindibles para entrar con bo pé no calendario escolar.

Tendo en conta que os uniformes son unha peza imposta en moitos colexios da nosa área, imos empezar pola roupa. Baby Hogar Infantil (rúa de Barcelona, 84 e rúa de López Mora, 94) é un comercio téxtil especialista en moda para cativos desde 1969 onde atopamos uniformes pensados para os colexios vigueses, tanto xenéricos como específicos para algúns centros. Tense moi en conta a comodidade dos os cativos, podendo escoller entre diferentes modelos e accesorios, como a preferencia entre botóns ou cremalleiras e demais. Aquí tamén dispoñemos de mandilóns personalizables en diferentes talles e cores.

REVISTA NOVEMBRO

Non lles deamos toda a importancia que merecen, pero o primeiro que deberiamos ter en conta á hora de nos vestir son os pés, polo que non estamos ben vestidos se non usamos un bo calzado. Andalia (rúa de Tarragona, 39) sempre mira polo ben dos peciños. Nesta zapatería son auténticos especialistas en calzado respectuoso para os cativos, e traballan as mellores marcas co fin de garantir as mellores opcións. Nesta zapatería dispoñen de talles desde preandantes ata o número 41, perfectos para completar coa roupa escollida.

É impensable imaxinar unha escola sen o accesorio estrela: a mochila. Recomendamos que macutos, maletas e mochilas sexan sempre fáciles de manexar e transportar, adecuándose ao tamaño dos rapaces; e non facelos cargar con máis peso do que deberan, por favor. Tendo en conta todo isto, deberiamos deixar que escollan o modelo que máis lles gusta, o que axuda a coller con mais ilusión a nova temporada escolar. Imaxínate! (rúa Padre don rúa, 13) honra o nome que ten dispoñendo dunha morea de deseños repleta de personaxes como Batman, Elsa de Arendelle, Harry Potter, Hello Kitty, Minnie Mouse, Sonic, Spider-Man…

Pero non hai xornada escolar que se prece sen o ansiado recreo, importantísimo para repoñer folgos. Botellas reutilizables e friameiras son os mellores aliados dos pequerrechos para a hora do refrixerio. Mapis (rúa de Pizarro, 47) é unha tenda de puericultura inaugurada recentemente que está recibindo accesorios de todo tipo para completar a equipaxe escolar: utensilios con sistemas de apertura e peche fáciles e seguros para a cativada máis noviña e outros máis sofisticados para a rapazada máis vella; personalizables, libres de bisfenol A (BPA) e pensados para fomentar a autonomía do alumnado. O asesoramento da tenda está sempre personalizado, pois cada familia é un mundo.