CAMELIAS MASCOTAS

O solpor en Vigo

Se de algo podemos presumir a este lado da Costa Atlántica e dos marabillosos solpores que podemos gozar cada tarde. Cada día é diferente e cada día e máxico. No seu descender ata agocharse tras o mar, o sol sorpréndenos cun xogo incrible de cores no ceo. Cores en moitas ocasións de fogo, especialmente estes días calorosos de verán. Por iso, unha das afeccións de moitos vigueses e sentarse nalgún recanto con vistas ao mar e ver como pouco a pouco o sol desaparece ante os seus ollos e lle agasalla un día máis cun novo espectáculo.

En A Movida adoramos descubrir sitios novos dende os que ver como o sol se despide e, por iso, no que nos queda de verán iremos subindo fotos do solpor en Vigo dende diferentes perspectivas, ata crear unha gran galería de solpores olívicos.