Grison, TerraCeo, Río Verbena e The Champions Burger esta fin de semana en Vigo e arredores
Traspasado o ecuador de agosto, esta fin de semana temos en Vigo e arredores feiras gastronómicas, festivais de música, mercados vintage, concertos, entroidos e verbenas. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
FESTAS DE SAN CAMPIO – De mércores a luns en Valadares – De balde
Entre o mércores 21 e o luns 26 a parroquia de Valadares vístese de gala para celebrar as festas de San Campio. Ademais de bandas de música, charangas e grupos de música tradicional para animar o torreiro, cada noite de festa actúan orquestras e DJ: Solara e Cinema o venres, Charleston e Funçao Pública o sábado, Finisterre e Capitol o sábado e América e Kubo o domingo.
THE CHAMPIONS BURGER – Do xoves 22 ao domingo 1 de setembro no CC Vialia – De balde
19 restaurantes en formato foodtruck instalaranse durante 11 días na praza do Centro Comercial Vialia, entre o 22 de agosto e o 1 de setembro. Cada un deles ofrecerá unha hamburguesa gourmet que compite por ser a mellor de España dentro do concurso The Champions Burger. Esta competición gastronómica, da que tamén desfrutaron na Coruña a pasada semana, caracterízase porque é o público, e non un xurado profesional, quen decide as hamburguesas que pasan á seguinte fase.
RETROFEST – Venres e sábado de 10:00 a 14:00 no CC Camelias – De balde
Regresa, como cada mes, o mercado de libros, vinilos, casetes, CD e moito máis os días 23 e 24 ao CC Camelias. Este evento único leva a cabo todos as terceiras fins de semana de cada mes, e é unha oportunidade imperdible para todos os amantes da música, o coleccionismo e os artigos vintage. Descobre libros antigos, curiosos, de segunda man e descatalogados, así como unha ampla selección de discos, vinilos, CD e casetes. Atopa eses tesouros do pasado que formaron parte da túa vida e dálles unha segunda oportunidade!
RÍO VERBENA – Venres e sábado desde as 17:00 en Pontevedra – Desde 40,00€
O cartel do festival, que se celebra á beira do Lérez, é ecléctico, combinando grandes nomes da historia do pop e indie nacional con figuras máis clásicas e mainstream. O venres 23, Dani Fernández unirase a Viva Suecia, Siloé, Mikel Erentxun ou Vicco. O sábado 24 actuarán Amaral, Lori Meyers, Los Zigarros ou Baiuca entre outros, sumando un total de 20 artistas.
GRISON BEATBOX – Venres ás 19:00 na terraza do CC A Laxe – Desde 15,00€
O músico e cómico Grison, coñecido pola súa participación nos últimos anos no programa La Resistencia, actuará na terraza do Centro Comercial A Laxe. Pola mañá, ás 12:00, Lady Rock e o seu grupo musical interpretan cancións que marcaron xeracións
ENTROIDO DE VERÁN – Sábado en Redondela – De balde
Este sábado 24 Redondela acolle, como cada ano desde hai un cuarto de século, o Entroido de Verán, unha oportunidad perfecta para desfrutar desta alegre festividade pero con mellor tempo que en febreiro. Haberá reforzo nas liñas de autobuses desde Vigo, Pontevedra e O Porriño, tanto para a ida (desde as 18:00 na Rúa Areal) como para a volta (ata a as 6:00 da madrugada desde a Estrada a Vigo). Haberá actividades e concertos para público infantil (Uxía Lambona e a Banda Molona) e adulto (Javi Maneiro e Coti).
PRESTIGE – Sábado ás 20:00 no Transylvania Pub – Desde 16,50€
Volven os finlandeses Prestige este verán aos nosos escenarios con outro concerto do seu “Revealing The Ravage Spain 2024 Tour”. Prestige son orixinarios de Tampere (Finlandia), fundados en 1987, e foron unha banda pioneira do Thrash Metal no seu país e que conserva dous dos seus membros fundadores.
TERRACEO: LOS SECRETOS E PANCHO VARONA – Sábado ás 21:00 no Mar de Vigo – Desde 35,00€
Tras adiar o seu concerto en maio pola impoisibilidade de celebralo na terraza, os grupo madrileño Los Secretos, acompañados por Pancho Varona, cumpren coa súa palabra e volven ao Mar de Vigo o sábado 24 de agosto ás 21:00. Los Secretos, a mítica banda madrileña creadora dese estilo inconfundible que inspirou a tantos e tantos grupos e que compuxeron algunhas das mellores cancións do pop en castelán, únense a Pancho Varona, a alma mater de Joaquín Sabina e coautor xunto con el, das máis grandes obras do xenio español, deleitarannos coa súa unión máxica no escenario.
CHANDEFOLK – Sábado ás 21:00 no Campo de fútbol de Chandebrito – De balde
O Concello de Nigrán reforzará a súa simbiose con Milladoiro o vindeiro sábado 24 de agosto no Chandefolk. O grupo de referencia internacional no folk galego repite neste festival senlleiro da parroquia de Chandebrito para festexar os seus 45 anos de música polo mundo. A entrada é de balde e no recinto haberá una cantina con bebidas e comida a cargo da Comisión de Festas da Parroquia.
ROMARÍA DO PAN DE MILLO – Domingo durante todo o día no Parque Forestal de Cotogrande – De balde
A popular Romaría do Pan de Millo, que se celebrará no parque forestal de Cotogrande (Becerreira), situado na parroquia viguesa de Cabral, terá lugar na xornada do domingo 25 de Agosto. Durante a romaría, os presentes poderán adquirir este delicioso pan e degustalo acompañado de polbo á feira, sardiñas asadas e empanada.