Galician Freaky Film Festival, Teatro Gorrilla, G-Night e Mercado Reciclado esta fin de semana en Vigo
Fin de semana cargada de celebracións e festivais. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL – Xoves a sábado na Plaza Elíptica – Varios Prezos
O festival internacional de cine freak e fantástico volve por oitavo ano cunha abraiante selección de curtametraxes, actividades paralelas e un ambiente único, que fan que a experiencia do festival se expanda alén do cinematográfico. O venres ás 23:00h proxectase a Sesión Onanista, un filme bizarro sorpresa e o sábado ás 21:30h, Terminator 2.
FESTIVAL TEATRO GORRILLA – Xoves a sábado en Bouzas – De balde
Festival de danza e performance con obradoiros, faladoiros, jam e moito disfrute. Cada actividade é nun espazo diferente do barrio de Bouzas.
VIALIA’S FESTIVAL – Venres e sábado en Vialia – De balde
Festival gratuíto para celebrar o terceiro aniversario do Centro Comercial. Contará coas actuacións de Lontreira, Quinkillada e Burning, ademais de DJ, pasarrúas, actuacións infantís e sorteos.
G-NIGHT – Venres de17:45 a 22:00 en varias localizacións – De balde
A Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night) celebrará o vindeiro día 27 de setembro a súa cuarta edición con máis dun cento de actividades de divulgación no Edificio Redeiras, a biblioteca Xosé Neira Vilas e o Museo Marco. Desde unha feira científica a charlas, obradoiros música e danza.
ANIVERSARIO DO MONK PUB – Venres á 17:00 en The Monk Pub -De balde
O Monk Pub celebra cinco anos cunha festa aberta a todo o mundo. Na celebración haberá moita cervexa, comida e sorteos.
VIGOCULTURA: ‘ULTERIOR EL VIAJE’ – Venres ás 20:00 na Rúa do Príncipe – De balde
Pasarrúas que da inicio á tempada de outono de Vigucultura, o programa de artes escénicas municipal. O espectáculo, da compañía Tiritrantes, é unha aventura colorista e espectacular pensada para toda a familia.
PROXECCIÓN ‘FOOD FOR PROFIT’ – Venres ás 20:15 nos Cines Tamberlick – 7,90 €
Proxección organizada pola feira Vegana.gal na que tamén se desvelarán as novidades da feira e contarase con pinchos veganos de La Vanetta. Food for profit é un documental dirixido por Giulia Innocenzi e Pablo d’Ambrosi que expón as presións exercidas polos lobbies agrogandeiros sobre as políticas da Unión Europea.
CONCERTO DE SEPTETO SANTIAGUERO – Venres ás 22:00 na Sala Rebullón – Desde 12,00 €
Pouco máis dun ano despois do seu último e celebrado concerto en Tameiga, o grupo cubano regresa á sala Rebullón. O seu repertorio é un percorrido por diferentes variedades da música cubana, con énfase no tradicional. A formación alzouse con dous premios Grammy Latinos.
MERCADO RECICLADO – Sábado e domingo desde as 17:00 – Simia Coworking – De balde
O Mercado Reciclado organizado por Felicetta Gualtieri quere despedir o verán por todo o alto cun evento de dous días no que haberá feira, talleres, música en directo e gastronomía. Moda upcycling, ilustración, deseño, cerámica e moda de segunda man, coa posibilidade de levar tres prendas da casa e intercambialas por outras tres; unha maneira sustentable de renovar o armario de cara a nova estación.
LA RUINA – Sábado ás 19:00 – Teatro Afundación – Desde 17,80 € (entradas esgotadas)
A Ruína é un show no que tanto asistentes como convidados especiais comparten en público a súa anécdota máis embarazosa.