BANNER OSDC

01mai12:00Liñares prepra unha xuntanza popular polos MaiosAS NOSAS FESTAS | De balde12:00(GMT+02:00) Torreiro dos Liñares (Canido)

Detalles do eventos

Nos Liñares, situado na parroquia de San Miguel de Oia, xa están quentando motores para unha das citas máis esperadas do ano: a Romaría dos Liñares, que terá lugar en setembro. Pero, antes, a nova comisión de festas quere convidar a veciños e visitantes a gozar dunha xuntanza popular este 1 de maio, a partir das 12:00 horas, no torreiro dos Liñares, con motivo da tradicional celebración dos Maios.

Como parte dese camiño cara a setembro, a comisión xa impulsou varias actividades, como a exitosa xuntanza do Nadal do pasado 22 de decembro. Malia que o mal tempo obrigou a cancelar a festa do Entroido e a de primavera, a cita do 1 de maio promete devolver a alegría ao torreiro dos Liñares.

Unha xuntanza con sabor tradicional

A festa dos Maios é unha tradición galega que celebra a chegada da primavera e o renacer da natureza. Nos Liñares, a celebración terá un toque participativo: os asistentes están invitados a acudir con algunha chiscadela á natureza —un disfrace, un adorno floral, un detalle verde— e a colaborar na creación colectiva do Maio dos Liñares.

O evento estará amenizado polo grupo de pandeireteiras de San Miguel de Oia, e incluirá sesión vermú, comida popular, xogos tradicionais para os máis pequenos e moita festa, nunha xornada pensada para compartir, celebrar e seguir construíndo comunidade.

Máis

Hora

1 maio, 2025 12:00(GMT+02:00)

Localización

Torreiro dos Liñares (Canido)

Camiño dos Liñares, 7, 36390 Oya, Pontevedra

Other Events