PORTAMERICA
REVISTA NADAL

A Papanoleada moteira sufre cambios no percorrido e contará con parte estática

21dec16:00A Papanoleada moteira sufre cambios no percorrido e contará con parte estáticaAS NOSAS FESTAS | De balde16:00(GMT+01:00) Navia

Detalles do eventos

O sábado 21 de decembro terá lugar unha nova edición da Papanoleada Moteira que, como cada ano, congregará polas rúas de Vigo a montóns de Papa Noel subidos en moto. Para participar só é necesario ir en moto, vestir de Papa Noel e entregar no punto de saída 1 kg de comida non perecedeira para o Banco de Alimentos. Na cita deste ano prevese superar a participación de 2023, que contou coa presenza de 5.000 motos e 10.000 papanoeles

Por seguridade a cita moteira deste ano sufre algunhas modificacións. En primeiro lugar, unha parte da procesión será estática, para diminuír o risco de accidentes. Así, os moteiros concentraranse de forma estática na Rúa Pedra Seixa desde as 10:00 ata as 15:45 horas. Alí, repartirán caramelos, peluches e xoguetes aos nenos. Posteriormente, ás 16:00 horas comezará o percorrido, que terá unha duración estimada de 4 horas e cuxa ruta tradicional tamén tivo que ser modificada nesta edición debido á celebración do partido Celta – Real Sociedade no Estadio de Balaídos. Así mesmo, por medidas de seguridade, este ano queda prohibido que os moteiros lancen caramelos durante as etapas, xa que pode ser un risco para a circulación.

Percorrido

O percorrido constará de dúas etapas: a primeira comezará na rúa Pedra Seixa e seguirá por Teixugueiras, Ricardo Mella, Avenida da Florida, Praza de América, Gran Vía, Corte Inglés ata Urzaiz, Travesía de Vigo, Numancia, Doutor Canoa, Isaac Peral, García Barbón, Colón, Urzaiz, Gran Vía e Venezuela.

Ao redor das 17:00 horas, o alcalde recibirá aos papanoeles moteiros na rúa Venezuela.

E comezará a segunda etapa, que avanzará pola Avenida das Camelias, Álvaro Cunqueiro, Praza de América, Avenida de Castelao, Avenida de Europa, Avenida de Samil, Teixugueiras, rúa Limpiño e regreso a Pedra Seixas.

Non é preciso inscribirse

Máis

Hora

21 decembro, 2024 16:00(GMT+01:00)

Localización

Navia

Rúa das Teixugueiras, 12-28 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events