
17mai10:3019:00XII Festa de SementeiraAS NOSAS FESTAS | De balde10:30 - 19:00(GMT+02:00) Matamá
Detalles do eventos
O evento, que nun primeiro momento estaba pensado celebrarse o 4 de maio, foi adiado para o
Detalles do eventos
O evento, que nun primeiro momento estaba pensado celebrarse o 4 de maio, foi adiado para o 17 de maio, por mor da meteoroloxía.
Como cada ano por estas datas celébrase a Festa da Sementeira do Millo na parroquia viguesa de Matamá. Trátase dunha celebración popular que recrea cun carácter festivo os tempos nos que os veciños de Matamá se xuntaban para traballar no campo e realizar os labores diarios, neste caso para sementar millo.
A programación está dirixida a familias e inclúe concertos, obradoiros, xantar con pulpeiro e a propia sementeira simbólica:

Ademáis, nesta edición haberá unha das actividades máis esperadas polos máis cativos: as Olimpíadas do Campo para nen@s, unha proposta lúdica e participativa que mestura tradición, deporte e moita diversión.
- Lanzamento de boina (individual): O lanzamento de boina debe realizarse desde detrás da liña marcada no chan pola organización (sen pisala), en posición estática e sen levantar ningún dos pés do chan. Non está permitido facer unha bóla coa boina. Para que o lanzamento sexa válido, terá que caer dentro do espazo delimitado polas marxes laterais. Haberá unha ronda de clasificación, pasando á final os que superen a marca establecida pola organización. Gañará o que lance a boina máis lonxe cun lanzamento válido. O número de lanzamentos é de dous por participante.
- Carreira de sacos (individual): Os participantes deberán percorrer unha distancia cos pés dentro dun saco. Poden facerse eliminatorias, semifinais e final.
- Remudas a tres pés (equipos de 4 a 6 participantes): Compiten nunha carreira de remudas equipos de 4 participantes. Sairán por parellas percorrendo unha distancia facendo tres pés cun saco. (metendo no saco a perna dereita dun neno e a perna esquerda do outro). Ao cubrir a distancia, entregan rapidamente o saco á seguinte parella para que fagan o mesmo. Cada equipo debe dar 2 voltas enteiras ao percorrido para rematar a carreira. Os participantes non poderán saír da zona de entrega ata que o reciban o saco dos seus compañeiros precedentes. No caso de recibiren o saco fóra da zona de entrega, o equipo será descalificado. Clasificaranse os primeiros postos e os mellores tempos de todas as quendas.
- Tiro da corda (equipos de 4 a 6 participantes): Cada equipo turra para o seu lado, tratando de meter o pano atado no medio da corda na súa zona e conseguindo así a vitoria. No chan haberá marcadas varias liñas: 1 Liña central, na metade da lonxitude da corda. 2 Liñas laterais, a 7 m de distancia da liña central, unha de cada lado. O equipo que consiga traer o pano ata a súa liña lateral, gaña. Poden facerse eliminatorias, semifinais e final.
A inscrición xa está aberta e pode realizarse enviando un correo electrónico a colectivomalaherba@gmail.com, indicando o nome e apelidos do neno ou nena, a súa idade e as probas nas que quere participar. Tamén será posible anotarse presencialmente o día da festa, antes das 14:00 horas.
Máis
Hora
17 maio, 2025 10:30 - 19:00(GMT+02:00)
Localización
Matamá
Rúa de Manuel Cominges, 18, 36213 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual