
02mai20:30VIO-LENCECONCERTOS | Desde 18,00 €20:30(GMT+02:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
Fin de semana de metal de calidade na Sala Rebullón. Este venres, 2 de maio, fai parada en Mos unha lenda do thrash metal, Vio-lence, formada no 1985
Detalles do eventos
Fin de semana de metal de calidade na Sala Rebullón. Este venres, 2 de maio, fai parada en Mos unha lenda do thrash metal, Vio-lence, formada no 1985 en plena eclosión da escena Bay Area Trash Metal de San Francisco, berce de bandas icónicas do xénero.
Os estadounidenses, coñecidos polo seu son agresivo e letras contundentes, incluíron á Rebullón na súa primeira e agardada xira por salas de España e Portugal, cunha única actuación en Galicia e só sete concertos na península: Madrid, Barcelona, Lisboa, Sevilla, Valladolid, Vitoria e Mos.
Parte do Big Six do trash metal da Bay Area xunto a Exodus, Testament, Death Angel, Lȧȧz Rockit e Forbidden, Vio-lence é referencia obrigada na evolución do xénero. A súa formación máis recoñecida incluíu a figuras como Phil Demmel e Robb Flynn (logo fundador de Machine Head), Deen Dell, Perry Strickland e o carismático vocalista Sean Killian, quen segue á fronte do grupo.
Vio-lence deixou unha pegada imborrable na historia do metal con discos convertidos en clásicos, como Eternal Nightmare (1988) e Oppressing the Masses (1990). Precisamente, con esta xira, os de San Francisco celebran o trixésimo quinto aniversario deste emblemático álbum, interpretando o disco completo xunto a outros temas esenciais do seu repertorio.
Na Rebullón, Vio-lence chega con forzas renovadas para vibrar e facer vibrar ao público galego coa forza e a contundencia da súa música. Ademais, a actuación virá precedida do directo enérxico e intenso de Blast Open, banda asturiana de thrash metal clásico con sons modernos e letras potentes que, ao longo da súa traxectoria, ten publicado varios traballos que lles permitiron consolidarse na escena metal estatal.
Máis
Hora
2 maio, 2025 20:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual