VII Certame de Rondallas da área metropolitana de Vigo
Detalles do eventos
O VII Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo terá lugar o 18 de xaneiro coa participación de 14 agrupacións procedentes de Vigo, Mos,
Detalles do eventos
O VII Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo terá lugar o 18 de xaneiro coa participación de 14 agrupacións procedentes de Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar, Nigrán e Tui, e reunirá, tendo en conta as anteriores edicións, unhas 5.000 persoas no IFEVI.
A particularidade das rondallas da provincia de Pontevedra é a substitución dos instrumentos de corda, propios destas agrupacións noutros lugares, por outros máis tradicionais en Galicia como cunchas, charrascos, pandeiretas e castañolas. Estas agrupacións, formadas por un centenar de rondalleiros cada unha, son típicas do Nadal e teñen un amplo repertorio no que inclúen temas do folclore galego e no que tampouco faltan reinterpretacións de temas da música actual.
O Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo é un evento moi multitudinario no que cada agrupación participante ten un tempo limitado para a súa actuación na que ademais da interpretación musical, se valora a vestimenta, a variedade de instrumentos ou a coreografía que os rondalleiros fan mentres tocan. En total distribúense seis premios; ás tres mellores rondallas e aos tres mellores conxuntos de abandeirados.
As 14 rondallas participantes nesta edición son:
Pexegueiro (Tui)
Zamáns (Vigo)
Beade (Vigo)
Pontellas (Porriño)
Atios (Porriño)
Santa Eulalia (Mos)
Torroso (Mos)
Valadares (Vigo)
Herville (Mos)
Bembrive (Vigo)
Chain (Gondomar)
Guizán (Mos)
Vincios (Gondomar)
Parada (Nigrán)
Máis
Hora
18 xaneiro, 2025 17:00 - 20:00(GMT+01:00)
Localización
IFEVI
Av. do Aeroporto, 772, 36318 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualSéguenos nas redes