
15mai21:00VIGRO AVIERTO #25ESPECTÁCULOS | Desde 5,00 €21:00(GMT+02:00) Sala Supersonic
Detalles do eventos
COMEDIA RACIÓN PRESENTA a 25ª edición de VIGRO AVIERTO. SEVERAL TIGERS EDITION. Cada mes un espectáculo completamente distinto, con monólogos novos, sketches e cancións orixinais.
Detalles do eventos
COMEDIA RACIÓN PRESENTA a 25ª edición de VIGRO AVIERTO. SEVERAL TIGERS EDITION.
Cada mes un espectáculo completamente distinto, con monólogos novos, sketches e cancións orixinais. Vigro Avierto é un show aberto onde 8-10 participantes terán 10 minutos para probar os seus monólogos cómicos. Cada un no seu estilo, coa súa proposta. Aquí vai haber broma, notifícocho. O Vigro Avierto é unha habitación do pánico xigante onde cada mes refúxianse máis ou menos 100 persoas e coméntanse os perigos do mundo exterior. É como un campo de probas, un laboratorio abandonado cheo de vexetación, onde houbo algún tipo de incidente biolóxico e agora traballan catro monos que antes tiñan alí encerrados nunhas gaiolas. Os catro monos de sempre e xente probando chistes, pena desesperada xogándosa sobre o escenario, todo para pasar un bo intre, para desconectar durante un par de horas, para tomar unhas birras. Reláxate inmediatamente, colle todas as túas preocupacións, dálles cunha pedra na cabeza e abandónaas no monte, logo píllate a entrada e A RIR, A RIR.
Máis
Hora
15 maio, 2025 21:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Supersonic
Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual