Vigocultura: QUE DIN AS RUMOROSAS
Detalles do eventos
Maquinarias Teatro Unha comedia coral sobre como ser artista… e muller. Contra vento e marea, seis intérpretes do presente navegan con seis artistas galegas do
Detalles do eventos
Maquinarias Teatro
Unha comedia coral sobre como ser artista… e muller. Contra vento e marea, seis intérpretes do presente navegan con seis artistas galegas do pasado nun cruceiro atemporal no que destaparán os seus segredos máis íntimos, para rir delas mesmas e, sobre todo, da estrutura patriarcal do sistema artístico. Un cóctel de humor e amor, no que as seis intérpretes, súper polifacéticas todas, interpretan, cantan e bailan para falar da ARTE COMO CAMIÑO INEVITABLE. IV Premio “Luisa Villalta” a Proxectos pola Igualdade 2022 – Deputación da Coruña. Maquinarias Teatro é unha compañía galega de Teatro Social con máis de 20 anos de experiencia na dirección e creación de espectáculos e na docencia en obradoiros de Artes Escénicas. Non entende a Arte sen compromiso e traballa dende a memoria colectiva para poñer en valor a necesidade da escoita e dos afectos, e para observar con ollo crítico a sociedade que nos toca vivir. Para tecer comunidade con amor e con humor, a compañía conta nesta ocasión cun elenco de mulleres da comarca de Ferrolterra e da Coruña, grandes traballadoras da escena e tecedoras de comunidade artística en feminino. Non é a primeira vez que Maquinarias Teatro viaxa con algunhas delas… Neste proxecto embarcamos todas con ganas de dar guerra e de falar da situación da muller na arte con sentido… e sensibilidade: «RHUMOROSAMENTE».
Máis
Hora
16 marzo, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes