Vigocultura: MADE IN GALIZA
Detalles do eventos
Sarabela Teatro Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa
Detalles do eventos
Sarabela Teatro
Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non “resistiría” ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será que deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas… Fronte ao “es que no me sale”, “es que no se me da” “MADE IN GALIZA” é un convite á República Independente da nosa lingua. Non imos perdela nin en soños!
A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove. O teatro feito emoción, sentimento, plasticidade e confronto. Cada historia é diferente e está protagonizada por personaxes retranqueiros, combativos, tenros, cómicos e poéticos. Aguerrida defensa da lingua galega.
Máis
Hora
2 marzo, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes