CAMELIAS MASCOTAS

Vigocultura: 'FEMINÍSSIMAS'

22nov20:00Vigocultura: 'FEMINÍSSIMAS'ESPECTÁCULOS | 5,00 €20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Programa completo de Vigocultura

Ficha técnica e artística:

Dramaturxia: Esther F.Carrodeguas

Dirección: Xavier Castiñeira

Elenco: Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Ana San Fernando.

Deseño de iluminación: Xavier Quintana

Deseño de escenografía: Xavier Castiñeira e Noelia Blanco

Realización de escenografía: José Faro “Coti”

Produción: De Ste Xeito Producións

Sinopse:

Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e posfeminisimo.

Este é o eixo da creación colectiva de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a proba a amizade -dende a comedia- e analizar de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.

Unha maneira –tamén- de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademais- para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Xénero: comedia violeta

Idade recomendada: adultos (+12)

Idioma: galego

Duración: 75 minutos

Entradas: 5,00 € en Giglon

Máis

Hora

22 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events