Vigocultura: A igualdade non ten truco
Detalles do eventos
Por que hai máis magos que magas? É certo que estamos afeitos ver magos, pero tamén existiron e existen hoxe moitas mulleres meigas. Da man de Sara Rodríguez
Detalles do eventos
Por que hai máis magos que magas? É certo que estamos afeitos ver magos, pero tamén existiron e existen hoxe moitas mulleres meigas. Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, chega “A igualdade non ten truco”, un espectáculo divertido e máxico para todos os públicos que transmite ademais unha mensaxe esencial para a sociedade actual: promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas.
Neste espectáculo de maxia educativa, unha maga e un mago forman este dúo para realizar misterios e imposibles que ademais nos levarán por diferentes conceptos do feminismo e da igualdade de xénero. Viaxes e transformacións inexplicables, un conto de fadas reinventado, ou unha volta atrás no tempo á época das primeiras e máis importantes meigas; son algúns exemplos do que poderedes ver neste espectáculo cheo de sorpresas ata o final onde nada é o que parece. Unha aventura máxica para toda a familia na que descubriremos que, efectivamente, a igualdade de xénero non ten truco ningún.
As magas antigas e modernas tiveron e aínda teñen que enfrontarse a unha realidade chea de estereotipos e prexuízos tanto por parte do público como dos seus compañeiros ilusionistas. Estes problemas non existen só no mundo da maxia, polo que tamén veremos como estas desigualdades danse na vida cotiá de todas as mulleres e en moitas outras profesións.
Máis
Hora
12 novembro, 2023 18:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes