VIALIA
GNIGHT

Vialia's Festival

27set(set 27)17:3028(set 28)23:00Vialia's FestivalFESTIVAIS E FEIRAS | De balde17:30 - 23:00 (28)(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

O Centro Comercial Vialia prepárase para conmemorar o seu terceiro aniversario co Vialia’s Festival, un evento que encherá de música e diversión este espazo os días 27 e 28 de setembro. Este festival, de acceso libre, será o prato forte da programación do centro comercial para esta volta do verán.

Comezará o venres 27 de setembro ás 17:30 cunha actuación infantil, para dar paso ás 19:00 ao grupo Lontreira, unha das revelacións da música galega deste ano, e a Quinkillada ás 21:00, cun fin de festa por todo o alto. O sábado 28 de setembro, a festa continuará ás 16:30 con outra actuación infantil, seguida ás 17:30 horas polo coñecido DJ Groove Amigos ata as 18:30, cando un pasarrúas percorrerá o centro comercial e os seus arredores.

O broche de ouro será ás 21:00, cando o grupo madrileño Burning, un dos máis importantes do rock estatal desde hai cinco décadas, suba ao escenario para pechar o festival. Este 2024 o grupo lideerado por Johnny Burning, único membro orixinal, está a celebrar o seu 50 aniversario, despois de volver aos escenarios en 2022 tras uns anos de parón. Ademais, os clientes poderán gozar de máis de 2.000 premios e sorpresas.

Máis

Hora

27 setembro, 2024 17:30 - 28 setembro, 2024 23:00(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events