CAMELIAS MASCOTAS

The Wild Fest

30ago01setThe Wild FestFESTIVAIS E FEIRAS | De balde / 25,00 €(agosto 30) 17:30 - (setembro 1) 19:00(GMT+02:00) Parque Forestal de San Miguel de Oia

Detalles do eventos

O festival The Wild celébrase do 30 de agosto ao 1 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia e combina música, cine e conciención medioambiental.

As entradas están dispoñibles na web do festival cun prezo de 25 euros. A única xornada de pago é o sábado 31 de agosto, cando se celebrarán os concertos de Julián Maeso, Dakidarría, Moura e Moonshine Wagon, entre outros. Os nenos menores de 14 anos entran de forma gratuíta todos os días e non necesitan reservar a entrada.

O rock é o protagonista do cartel e o ambiente tranquilo e familiar un dos seus grandes atractivos. Julián Maeso, Dakidarría, Moura e Moonshine Wagon serán o prato forte do certame na noite do sábado 31 de agosto. O apartado musical complétase con concertos en horario vermú o sábado, con A Polémica Banda dos Bechuchos, e o domingo, con Mad Martin Trío.

Ademais o festival revalida o seu apoio ás bandas galegas e emerxentes coa celebración da segunda edición do concurso de bandas Salvaxesons. O venres 30 de agosto celebrarase no festival a final do concurso, na que participan Sanny, Law, The Kelly Kelly’s, Superglú e The Broke. Un xurado decidirá o grupo gañador e outorgará un segundo e terceiro premio. Os tres primeiros recibirán 1.000, 400 e 200 euros, respectivamente.

O cine é a segunda pata de The Wild Fest, que prexecta 16 curtametraxes internacionais que falan do medio ambiente. Máis información neste artigo.

O encontro complétase con actividades familiares e Orientaventura, unha xyncana de orientación polo monte, que esgota prazas en cada edición. Como cada ano, o domingo 1 de setembro será a xornada máis orientada ao público infantil, con actividades familiares todo o día e a actuación de Globotolo, que deixará abraiados aos máis pequenos facendo figuras imposibles con globos e divertidos gags. Ao longo destes tres días tamén se poderá gozar de artesanía e da zona gastro.

Máis

Hora

30 agosto, 2024 17:30 - 1 setembro, 2024 19:00(GMT+01:00)

Localización

Parque Forestal de San Miguel de Oia

36390 Oya, Pontevedra

Other Events