REVISTA ABRIL

27abr11:00'Un mar de linguas' volve á cidade de Vigo para promover o aprendizaxe de idiomas e a culturaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:00(GMT+02:00) Vigo

Detalles do eventos

Da man do Concello de Vigo e a Escola Oficial de Idiomas, a proba de orientación urbana, Un mar de linguas, volve á cidade. Unha vez máis, esta iniciativa pretende que o alumnado, facendo un uso intelixente do seu coñecemento cultural, o traballo en equipo e a orientación, percorra Vigo superando diversos retos.

En dúas horas e media, os participantes, organizados en grupos de ata seis persoas, deben recorrer diferentes zonas da cidade para localizar os puntos de control e resolver as probas de lingüística e cultura. Cada equipo é libre de xestionarse de forma estratéxica e dedicir a súa propia ruta para obter o mellor resultado posible.

Como cada ano, con esta cuarta edición espérase superar o éxito das anteriores e continuar consolidando o evento como unha das citas destacadas do calendario cultural vigués.

Máis

Hora

27 abril, 2025 11:00(GMT+02:00)

Localización

Vigo

36201 Vigo, Pontevedra

Other Events