
18mar22:00Ukestra do MedioCONCERTOS | 8,00€22:00(GMT+01:00) La Pecera
Detalles do eventos
A banda de ukuleles de Compostela apresenta seis temas propios acompañados de dúas versións coas que continúan a construir un estilo ao que xa apuntaban no seu anterior
Detalles do eventos
A banda de ukuleles de Compostela apresenta seis temas propios acompañados de dúas versións coas que continúan a construir un estilo ao que xa apuntaban no seu anterior disco: influencias de diferentes formas da música popular do século XX como o country, pop, surf ou swing levadas ao seu terreo con instrumentos sinxelos como son os ukuleles, baixo e caixón, combinados ou acompañados por outros como a tabla de lavar, o güiro ou o xilofono. Un compendio de instrumentos miúdos através dos cales marcan o ritmo de pequenas historias sobre o amor ‘Imitación á vida’, as expectativas truncadas ‘Promesas’, os tempos pasados ‘Onde vam?’ ou vidas desgracidas ‘Vendeu-no Todo’. Letras graves que contrastan coa frescura do son dos ukeleles.
‘Histórias cativas’ é o terceiro disco da Ukestra do Medio, un traballo que mostra a madurez dun grupo que aposta maioritariamente polas composicións proprias mantendo a súa identidade: a heterogeneidade de estilos musicais e o particular son dos ukuleles.
Sábado 18 ás 22h en La Pecera.
Entrada 8€.
Máis
Hora
18 marzo, 2023 22:00(GMT+01:00)
Localización
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra