VIALIA
Encordass Fiddle Fest

Skarnivals + Liska!

25mai21:30Skarnivals + Liska!CONCERTOS |Desde 12,63€21:30(GMT+02:00) Sala Master Club

Detalles do eventos

The Skarnivals, con case 10 anos de traxectoria, son un dos referentes do ska feito en Galicia, sempre dentro do seu propio e particular estilo con toques folk, onde a gaita/whistles comparten espazo musical cos ritmos ska e punk-rock característicos do xénero.

Despois de pechar un larguísimo circuíto “irracional” co seu anterior traballo de estudo, The Skarnivals, presentan “LATEXOS”, cuarto LP dos do morrazo e unha nova volta sobre a un son único como é o ska/punk gallego da banda. Cruzarse con The Skarnivals é un escenario ou cruzarse con eles de furancho, é sinónimo de diversión; co seu directo enérxico, alegre, profesional e ben coidado, a banda ten todos os ingredientes para achegar un directo que lles fai unha banda inesquecible.

O concerto de Vigo forma parte da súa xira de despedida, pois os galegos anunciaron a semana pasada, a través das súas redes sociais, que se separan sen data de volta.

LISKA! é unha das bandas con maior antigüidade do panorama ska/punk galego, despois de 10 anos na brecha actualmente atópase presentando os seus novos adiantos do que será o seu próximo traballo. Ritmos festivos, letras comprometidas coa súa terra e a súa xente son as cartas de presentación de liska! Unha aposta segura para animar calquera festival do país.

Máis

Hora

25 maio, 2024 21:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events