CAMELIAS MASCOTAS

The Champions Burger

22ago01setThe Champions BurgerGASTRO| De balde (agosto 22) 12:00 - (setembro 1) 23:59(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

Vialia acolle entre o xoves 22 de agosto e o domingo 1 de setembro o festival gastronómico The Champions Burger no que compiten 19 restaurantes por ofrecer a mellor hamburguesa de España. O publico poderá probar e votar á súa favorita.

19 restaurantes en formato foodtruck instalaranse durante 11 días na praza do Centro Comercial Vialia, entre o 22 de agosto e o 1 de setembro. Cada un deles ofrecerá unha hamburguesa gourmet que compite por ser a mellor de España dentro do concurso The Champions Burger. Esta competición gastronómica, da que tamén desfrutaron na Coruña a pasada semana, caracterízase porque é o público, e non un xurado profesional, quen decide as hamburguesas que pasan á seguinte fase.

Os restaurantes que estarán en Vigo son: La Muralla (Mellor Hamburguesa de España 2023), Jenkins (Mellor 2022), Moflete, El Tarantín Chiflado, Torriko, Rico, Vacarnal, Circo, Umbrella, Soul Coffe Beer, Gottan, Nola Smoke, The Bertys, Guinness, El Barco, Dak Burger Street Food e Carnivale Burger Todas as hamburguesas teñen un prezo unificado de 12,50 €.

A burger máis votada polo público clasificarase para a final española do próximo outono, onde competirá polo título de Mellor hamburguesa de España e, posteriormente, elixirase a mellor de Europa, consolidando o carácter internacional do campionato.

Horario: luns a domingo de 12:00 a 00:00

Máis

Hora

22 agosto, 2024 12:00 - 1 setembro, 2024 23:59(GMT+01:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events