VIALIA
Encordass Fiddle Fest

Terraceo: Rebeliom do Inframundo

21xuñ21:00Terraceo: Rebeliom do InframundoFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 20,00 €21:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O concerto de Rebeliom do Inframundo previsto nun inicio para o 24 de maio terá lugar o 21 de xuño. Celebrarase na terraza do auditorio.

O concerto de Rebeliom do Inframundo na terraza do Mar de Vigo será a última oportunidade de escoitar en directo e en Vigo o seu último traballo, “Amor ou Barbárie”. Tras celebrarse varios concertos no hall do recinto vigués este ano e comezar a quinta edición do Festival TerraCeo cun concerto no propio auditorio interior, mañá venres 21 de xuño, o Mar de Vigo inaugurará os seus directos na fermosa terraza con Rebeliom do Inframundo, ofrecendo así unha actuación que marcará tamén o inicio do verán vigués.

Rebelióm do Inframundo, cun sólido percorrido no seu estilo musical que fusiona elementos do hip-hop, electrónica, folk tradicional e punk, acompañados de letras impregnadas cunha profunda crítica social, consolidouse como unha das referencias na música galega. Coñecidos por captar a atención do público coa súa enerxía e as súas vibrantes actuacións, a banda gañouse o corazón dunha ampla base de seguidores, encabezando numerosos festivais tanto en Galicia como fóra dela.

Este concerto será a última oportunidade de escoitar en Vigo o seu último traballo, “Amor ou Barbárie”, un disco que conta con colaboracións de gran nivel, incluíndo a Hard GZ, Wöyza, Iria Medrañoou Treintañeras Cañeras. O álbum, composto por 17 cancións, supón un antes e un despois na traxectoria da banda, con temas nos que os sentimentos son os protagonistas e as letras están cheas de crítica social.

A quinta edición do Festival Terraceo comeza o 11 maio e remata o 7 de setembro. Propón desde artistas locais, como Rebeliom do Inframundo, ata músicos internacionais con exitosas traxectorias, pasando por artistas nacionais. En total serán 14 espectáculos que poderán desfrutarse coa posta de sol nas Illas Cíes como pano de fondo.

As entradas están á venda na web do Auditorio Mar de Vigo e os prezos dos espectáculos oscilan entre entre os 20 e os 40 euros.

Programación TerraCeo 2024

11/05 The Rapants
24/05 Rebeliom do Inframundo – Posposto ao 21 de xuño
31/05 Ángel Stanich
01/06 Los Secretos e Pancho Varona – Cancelado
08/06 Niño de Elche
14/06 Christina Rosenvinge
15/06 The Jayhawks
20/07 José James
21/07 Tarque y la Asociación del Riff
26/07 Los Estanques (Cambio de data!)
27/07 Ziggy Alberts
30/08 Niña Polaca
07/09 The Tallest Man on Earth

Máis

Hora

21 xuño, 2024 21:00(GMT+02:00)