maio, 2022
20mai20:00Real Filharmonía de GaliciaCONCERTOS | De balde20:00 Auditorio Teatro Afundación
Detalles do eventos
Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa coa súa Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo. A tempada desenvolverase ata finais de maio
Real Filharmonía de Galicia
Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa coa súa Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo. A tempada desenvolverase ata finais de maio no Teatro Afundación de Vigo.
A Real Filharmonía de Galicia, con dirección de Paul Daniel, actuará o 20 de maio ás 20.00 h. O recital, «Unha viaxe fantástica» consistirá na interpretación de pezas de Octavio Vázquez (Ilusións) e de Hector Berlioz (Sinfonía fantástica, op. 14. Episodio da vida dun artista).
A Tempada de Clásica está incluída no programa solidario de Afundación «Cultura por alimentos», mediante o cal a entidade invita todas as persoas que asistan a este espectáculo a colaborar con esta campaña solidaria. Trátase dunha iniciativa de apoio a Ucraína no marco do proxecto «Cultura por alimentos» que, a raíz do drama humanitario que se vive neste país, se implica tamén coas persoas refuxiadas e a súa cidadanía. Afundación invita os asistentes ao acto a que, seguindo as recomendacións das entidades que están a traballar sobre o terreo, entreguen prioritariamente alimentos precociñados e latas de conserva, alimentos infantís, produtos hixiénico-sanitarios infantís e femininos e medicamentos e material de primeiros auxilios, que poderán depositar á entrada do recinto nos colectores dispostos para este fin.
Máis

(Venres) 20:00
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n