Swing On The Sea
Detalles do eventos
Swing On The Sea ou Swing onde sea, é un festival feito con agarimo pola escola Swing On para celebrar a comunidade swing de Vigo.
Detalles do eventos
Swing On The Sea ou Swing onde sea, é un festival feito con agarimo pola escola Swing On para celebrar a comunidade swing de Vigo. Un festival con invitados especiais que van deixar a súa pegada en Galicia e en todas as persoas que se acheguen.
O éxito desta nova edición, que se celebra do xoves 27 ao domingo 30, queda demostrado porque hai días que se agotaron os abonos. Tanto os Full Pass que dan acceso a todas as actividades e clases como o Party Pass que dan só acceso as festas swing e a algunha das actividades que se desenvolven durante estos catro días. Mentres que as clases e as festas se desenvolverán na Escola de Danza Inés Núñez, Pasos Baile Galicia e o Salón Regio da Sede do RC Celta, tamén hai actividades programadas na praza da Pedra, Taberna A Mina, Sala Kominsky, Mondo ou mesmo nas Illas Cíes; porque un dos obxectivos do evento e dar visibilidade á música e o baile swing.
Se quedaches sen abono pero queres botar uns bailes, non te preocupes porque o festival ten dúas actividades abertas ao público. Toma noota:
ACTVIDADES ABERTAS A TODO O PÚBLICO:
Xoves 27 de 20:00 h a 23:00 h – Clase de Lindy Hop na praza da Pedra: O festival arranca cunha clase aberta e gratuíta na que pode participar todo o mundo a cargo de Carlos e Jorge. A clase desenvolverase de 20:00 a 20:45 e a partir desa hora terá lugar o baile social!
Domingo 30 de 12:30 a 15:00 h – Tapeo swing na Taberna A Mina: Tomar unhas tapas, bailar swing e conversar e o obxectivo desta actividade; aínda que as reservas para a comida están agotadas, estamos convidados a pasar por alí, tomarnos algo e gozar do ambiente swing!
SWING ON
A revista portuguesa Time Out foi a culpable de que Elena Branco e Jorge Patiño probaran sorte nesto de bailar swing. O que comezou como un pasatempo converteuse nunha paixón primeiro e máis adiante nun traballo. En 2014 bota a andar (ou a bailar) Swing On Vigo, despois de dous anos espallando este baile centenario ao outro lado da ría. Baixo ese nome ofertan cursos e organizan eventos de todo tipo: bailes na rúa, concertos, excursións e festivais como este Swing On The Sea.
Nesta ligazón tes toda a información sobre o festival e nesta outra ligazón podes consultar todos os cursos que Swing On ten programados para o mes de xullo.
Máis
Hora
27 xuño, 2024 20:00 - 30 xuño, 2024 23:59(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes