PORTAMERICA
CAMELIAS NADAL

Sukram, Festa solidaria co Sáhara Occidental

15dec17:3020:00Sukram, Festa solidaria co Sáhara OccidentalPEQUERRECHOS | De balde17:30 - 20:00(GMT+01:00) CC Vialia

Detalles do eventos

Sukram, gracias en Hanassía, é o nome desta festa gratuíta que vai arrancar ás 17:30 h coa actuación de Peter Punk Pallaso e o seu espectáculo ‘Chungo que te cagas’. A parte central do evento, vai consistir nunha poxa solidaria feita en colaboración con seis colexios públicos de Vigo. Ao longo do mes de novembro escolares do CEIP Balaídos, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Mestres Goldar, CEIP Ramón y Cajal, CEE Saladino Cortizo e EEI Monte da Guía elaboraron con grandes doses de creatividade unhas colchas solidarias que van a presentar no evento do domingo. A partir de aí, comezará unha poxa na que todo o público está invitado a participar co fin de enviar o máximo diñeiro posible aos campamentos de Tinduf. Para completar os festexos tamén haberá chocolatada e sorteos.

O evento é organizado por SOGAPS, Solidaridade Galega co Pobo Saharaui e todo o diñeiro recadado irá para os campamentos de refuxiados do Sáhara Occidental en Tinduf, que no mes de setembro sufriron graves inundacións.

O evento celebrarase en Vigo Exposto, na planta baixa do Centro Comercial Vialia Estación Vigo de 17:30 a 20:00 h.

Máis

Hora

15 decembro, 2024 17:30 - 20:00(GMT+01:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events