BANNER GALAXIA

15mai19:00'Somos Acubillo'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) CIFP Audiovisual de Vigo

Detalles do eventos

Vigo acolle este xoves, día 15 de maio, a estrea oficial do videopodcast Somos Acubillo, no que un grupo de persoas en exclusión económica e social grave falan da desigualdade social e de como esta se materializa en problemas de acceso á vivenda ou en dificultades para atopar un traballo. Tamén denuncian a barreira que supón a burocracia para as persoas en exclusión social ou económica e reflexionan sobre como todo o anterior afecta á saúde mental.

Todas as persoas que o desexen poden achegarse ao auditorio do CIFP Audiovisual de Vigo o xoves 15, ás 19:00 horas, e escoitar o relato en primeira persoa de Miguel, Yasseyda, Alfonso, Mahyreth, Belén, Rosa Esther, Rosbelys ou Euro. Serán elas e eles mesmos os encargados de presentar ao público o froito do traballo de xornalismo cidadán que desenvolveron durante os últimos meses e de respostar as dúbidas que poidan xurdir entre o público.

Somos Acubillo é un podcast no que un grupo heteroxéneo de persoas, de diferentes idades e nacionalidades, empregan exemplos concretos, do seu día a día, para explicar cómo a desigualdade social impacta na vida das persoas, tanto galegas como migrantes. Con este produto audiovisual, deseñado, producido e protagonizado por eles e elas mesmas, culmina un proceso formativo en comunicación participativa e xornalismo cidadán que comezou a finais de outubro. O podcast entrelaza as historias de vida dos e das protagonistas con datos, opinións de rúa e coa información ofrecida por dúas expertas na materia: a presidenta de EAPN e directora de Provivienda en Galicia, Ana Pardo; e a técnica de Emaús Montse Roca.

Máis

Hora

15 maio, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

CIFP Audiovisual de Vigo

Rúa Eduardo Cabello s/n, 36208 Vigo, Pontevedra.

Other Events