Sinsal Litoral: Los Hermanos Cubero
Detalles do eventos
Sinsal Litoral é un proxecto deseñado para pequenas audiencias en enclaves singulares das Rías Baixas. Patrimonio natural e industrial, música, poesía, cinema. Preto do mar. Do 22 ao
Detalles do eventos
Sinsal Litoral é un proxecto deseñado para pequenas audiencias en enclaves singulares das Rías Baixas. Patrimonio natural e industrial, música, poesía, cinema. Preto do mar. Do 22 ao 26 de xullo de 2020.
Astilleros Cardama | 21:30
A receita dos irmáns Quique e Roberto é mesturar folclore alcarreño co bluegrass xenuinamente americano. O resultado, atractivo e sorprendente ao mesmo tempo. Letras cargadas de mensaxe, camufladas con moita arte mediante a sátira que recolleron do cancioneiro tradicional de La Alcarria, a súa terra. Debutaron en 2010 pero foi co seu quinto disco “Arte y Orgullo”, publicado en 2016, cando se consagraron ante un público que non parou de medrar en número e, tamén, ante a crítica que destacou a nova dimensión do seu folk en castelán. En 2018 publícase “Quique dibuja la tristeza”, un traballo nacido da desgraza persoal e que funcionou como ferramenta para superar os malos momentos. Despois de percorrer a península varias veces nos últimos anos, Los Hermanos Cubero recibían en 2019 o Premio MIN ao mellor traballo de Músicas do Mundo e Fusión.
Máis
Hora
25 xullo, 2020 21:30(GMT+01:00)
Localización
Astilleros Cardama
Av. da Beiramar, 12, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes