CAMELIAS MASCOTAS

Showcooking Juan Carlos Perret

21out11:00Showcooking Juan Carlos PerretGASTRO | De balde11:00(GMT+02:00) Mercado do Berbés

Detalles do eventos

O MERCADO DO BERBÉS prepárase para outro evento gastronómico este sábado 21 de outubro onde os amantes da boa comida e a cultura culinaria están convidados. Da man do Chef Juan Carlos Perret, do restaurante O Kero, impartirase unha exhibición e degustación de cociña gratuíta, onde os produtos galegos serán fusionados coa cociña peruana.

Juan Carlos Perret unha recorrente Estrela Michelin, que xa conquistou lugares emblemáticos como o Celler de Can de Roca, ou a cociña de Martín Berasategui, elaborará dúas deliciosas receitas con produtos de tempada adquiridos no propio Mercado do Berbés. A asistencia a este showcooking é gratuíta e promete ser unha viaxe culinaria única ao corazón de Galicia ao máis puro estilo peruano.

O primeiro showcooking realizouse o pasado sábado 7 de outubro con dous grandes @estrella da cociña, Adrián Albino, do restaurante Neno Curvo e da blogueira viguesa Carmen Albo, de guisandomelavida.com, quen encheu o Mercado do Berbés cun showcooking dunha cociña de contrastes, por unha banda cunha cociña vangardista e por outra, cunha cociña máis tradicional.

De balde ata completar a capacidade máxima

Máis

Hora

21 outubro, 2023 11:00(GMT+01:00)