BANNER XERAIS

30abr20:00Showcase e firma do novo disco de Carla LourdesACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

Carla Lourdes presenta o seu novo disco El día que descubrí el lunar de tu oreja en El Corte Inglés Vigo. A artista ofrecerá un showcase este mércores 30 de abril ás 20:00 horas na 7ª planta.

El Día que Descubrí el Lunar de Tu Oreja é unha serie de diarios persoais da artista relatados baixo a batuta dunha estrutura pop pegadiza, esvaecida con toques de indie estatal e con retrousos coreables. O álbum avanza tema a tema cunha voz doce, sempre protagonista, que explora rexistros vocais máis agudos. O debut trata tamén o tema do amor e a procura da estabilidade dentro del.

Carla deuse a coñecer en 2022 co lanzamento do seu EP debut, El querer de las flores, un traballo autoeditado que a levou a embarcarse nunha xira de máis de 20 concertos por toda a península nese mesmo ano. En 2023 continuou coa xira, sumando un total de 17 datas adicionais.

En outubro de 2024, Carla estreou Equilibrio, o primeiro adianto do álbum, mentres que en xaneiro deste ano nos agasallou con Ficción. O día dos namorados pechou a etapa de adiantos con La Calma.

Máis

Hora

30 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events