REVISTA OUTUBRO

Serpe e Moloch

04out21:00Serpe e MolochCONCERTOS | 10,00€21:00(GMT+02:00) Transylvania Metal Pub

Detalles do eventos

O próximo 4 de outubro, o escenario do Pub Transylvania acollerá un evento musical único que reunirá a dúas das bandas máis prometedoras da escena rock galega: Serpe e Moloch. As entradas pódense adquirir por 10 euros na porta do local.

Serpe é unha banda de rock alternativo orixinaria de Vigo, creada a comezos de 2022. Formada por María (voz principal e baixo), Edu (guitarra e voces) e Jorge (batería e percusión), que se coñeceron a través das redes sociais e decidiron embarcarse nesta aventura creativa. O estilo musical de Serpe caracterízase por unha fusión de estilos como rock, post-rock, post- hardcore, rap, indie e pop. Esta mestura dá lugar a un son fresco e enérxico marcado por atmosferas escuras e melodías envolventes. As letras reflicten as experiencias vitais dos seus compoñentes e falan de conceptos como saúde mental, autotrascendencia, superarse a un mesmo e os obstáculos que nos rodean.

Desde a súa formación en 2022, Serpe estivo centrada na construción dunha identidade sonora e visual dentro da escena musical galega. O grupo está actualmente na fase de gravación das súas primeiras cancións e comezan a dar os seus primeiros concertos en vivo, o que lles permite conectar directamente co público. Serpe prevé lanzar o seu primeiro single a finais do 2024, un paso crucial para consolidarse como grupo.

Por outra banda, Moloch é unha banda de rock progresivo e experimental nada para homenaxear a obra de Jorge Cuña Casasbellas, o poeta maldito pontevedrés, rebelde e anárquico. Con esta inspiración as composicións da banda expresan raiba, amargura e melancolía. Este particular estado de ánimo conséguese cos seus teclados progresivos, a distorsión e ruidera das súas guitarras xunto á contundencia sen miramientos das baterías; sobre as que flota a voz de Laura. O mar, a montanã, o fogar, o amor e a morte, sempre presentes na obra de Cuña, son os le motiv principais dos seus temas.

Máis

Hora

4 outubro, 2024 21:00(GMT+02:00)

Localización

Transylvania Metal Pub

Rúa Rogelio Abalde, 16, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events