VIALIA
Encordass Fiddle Fest

Serpe + Mau Jesus

09feb21:30Serpe + Mau JesusCONCERTOS | 8,00€21:30(GMT+01:00) El Contrabajo

Detalles do eventos

O grupo de rock Serpe e o trío stoner Mau Jesus comparten escenario por segunda vez en El Contrabajo de Vigo despois de coincidir na Cabana de Tomiño o pasado mes de outubro.

Serpe e Mau Jesus están a comezar a abrir o seu camiño na escena musical galaico portuguesa, dúas bandas que chegan pisando forte e que poñerán de manifesto o seu potencial nunha das salas máis míticas da cidade olívica.

O estilo musical de Serpe emerxe das distintas influencias dos seus integrantes, configurando un universo alternativo que alcanza unha sonoridade fresca e enérxica. Partindo de estilos que mesturan rock, post-rock, post-hardcore e presididos por atmosferas escuras, as súas letras plasman sensacións vitais e experiencias que poñen de manifesto o existencialismo que rodea os seus encontros.

Formado por Toti (voz, guitarra e efectos), Edu (guitarra), María (baixo) e Jorge (batería e percusión), son un grupo de rock alternativo que crea atmosferas. Malia que aínda non teñen música gravada en estudo, xa deron catro concertos en Vigo e arredores. A pesar dos seus poucos meses de vida, contan con varios temas propios en castelán e galego, polo que, aínda que actualmente atópanse en proceso compositivo, planean gravar o seu primeiro disco durante este ano.

Por outra banda, Mau Jesus é un trío instrumental de stoner psicodélico de Braga. A banda conta con profundas improvisacións psicodélicas, provenientes do santuario máis escondido de Braga.

Co selo de Cantigas do Poço (CDP), plataforma que produce e promove eventos locais enfocados ao desenvolvemento e apoio da actividade e interacción artística. O motor de tres cilindros arde eternamente nas salas de rock ecoando nas montañas lusitanas e achegando unha nova perspectiva ao doom de Braga.

Un concerto que reunirá a mellor música rock emerxente galaico portuguesa. A venda de entradas realizarase en despacho de billetes a 8 euros e o concerto comezará a partir das 21.30 horas.

Máis

Hora

9 febreiro, 2024 21:30(GMT+02:00)

Localización

El Contrabajo

Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events