Serafín Zubiri e a Lira de San Miguel de Oia: Lembrando a Nino Bravo
Detalles do eventos
Como cada ano, e xa van tres, a banda “Lira de San Miguel de Oia” volve sorprender o seu público cun concerto de altura para
Detalles do eventos
Como cada ano, e xa van tres, a banda “Lira de San Miguel de Oia” volve sorprender o seu público cun concerto de altura para celebrar o Día de Santa Icía, patroa dos músicos.
Se o pasado ano compartiron escenario con Abraham Cupeiro, este 2024 será con Serafín Zubiri cun espectáculo musical que percorrerá os éxitos de Nino Bravo. Un novo desafío profesional que implica moitas horas de traballo para os 60 músicos que compoñen esta banda. Segundo o seu propio director Pedro Villarroel; “trátase de todo un reto artístico fóra do habitual e cotiá”. Pedro levará a batuta dun equipo de músicos que levan meses de ensaios. Entre eles, case a metade, son rapaces entre os 12 e os 16 anos que xa o pasado ano gañaron o XVI Certame de Bandas de música populares de Galicia na Sección Infantil.
Un recoñecemento o seu traballo, dende a base, que un ano máis queren pór en valor con este concerto que acompañará coa súa voz e co seu piano Serafín Zubiri, como saben, un artista español invidente que representou a España en Eurovion en duas ocasións. Con él, tamén viaxarán unha teclista, un batería, un guitarrista e un baixo.
A Escola de Música “Lira de San Miguel de Oia” conta cun total de 180 alumnos e alumnas. Esta agrupación naceu en 1932 e vai camiño de cumplir os cen anos de historia.
Entradas 12,00 €, 6,00€ para amigos da Lira de San Miguel.
Máis
Hora
16 novembro, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
AV San Miguel de Oia
36390, Camiño Currás, 34, 36390 Oia, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes