VIALIA
GNIGHT

Septeto Santiaguero

27set22:00Septeto SantiagueroCONCERTOS | Desde 12,00€22:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

A prestixiosa banda Septeto Santiaguero actuará este venres 27 de setembro, ás 22 horas, na sala Rebullón, xestionada pola Comunidade de Montes de Tameiga. As entradas están á venda online por 12 euros máis gastos de xestión, na cantina do CSCD As Pedriñas ou na propia billeteira, a 15 euros.

Pouco máis dun ano despois do seu último e celebrado concerto en Tameiga, o grupo cubano regresa á sala Rebullón como parte da súa xira “Y sigo pa’lante”, que está a levalos por distintas cidades de Europa ao longo do verán deste ano.

A formación alzouse con dous premios Grammy Latinos e conta no seu haber con numerosas nominacións. Os galardóns recibidos ao longo dos seus case que 30 anos de traxectoria musical, e os seus numerosos seguidores por todo o mundo, fan do Septeto Santiaguero un dos principais referentes actuais da música tradicional cubana.

O seu repertorio é un percorrido por diferentes variedades da música cubana, con énfase no tradicional. Septeto Santiaguero presentouse en importantes escenarios internacionais, en España, Alemaña, Francia, Austria, Bélxica, Croacia, Países Baixos, Hungría, Inglaterra, Italia, México, Venezuela, Portugal, Suíza e Estados Unidos, entre outros.

A banda compartiu son cubano con importantes figuras da música dentro e fóra do país, como Rubén Blades, Pancho Céspedes, José Alberto El Canario, Gilberto Santa Rosa, Óscar D’León, Omara Portuondo e Alexander Abreu, entre outros.

Septeto Santiaguero publicou máis dunha decena de discos e, ademais dos dous Premios Grammy, a formación foi galardoada con tres premios Cubadisco (2011, 2012 e 2015), o Premio Excelencias da Arte (2016) e o Premio Siboney pola excelencia musical (2020).

A actual xira, que leva por nome “Y sigo pa’lante”, presenta paradas en escenarios de varios países europeos, datas entre as que se atopa o concerto do venres 27 de setembro, ás 22 horas, na sala Rebullón, un espectáculo que, coma o do pasado ano, promete deixar un gran sabor de boca.

Entradas

Máis

Hora

27 setembro, 2024 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events