REVISTA ABRIL

24abr20:00Semana do saxofón: Essenza QuartetCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Conservatorio Profesional de Música

Detalles do eventos

O martes 22 de abril comeza unha intensa semana protagonizada polo ciclo Saxornadas no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

O martes 22 ás 20:00 horas terá lugar o primeiro concerto, que estará protagonizado polos docentes Saša Nestorović (saxofón soprano) e Sabrina Zelić (piano) da Academia de Música de Zagreb. Interpretarán música de Ivan Lukačić, JC.Ph.E. Bach, Mladen Stahuljak, Renato Rožić, Saša Nestorović e Johann Sebastian Bach.

O mércores 23 ás 20:00 horas será a quenda do dúo de saxofones Syderix formado por Efrén Soto López e Liliana Ortega Arteaga. Contarán coa colaboración de Magdalena Argibay ao piano.

O xoves 24 ás 20:00 horas a música para cuarteto de saxofones protagonizará o concerto. O cuarteto Essenza Quartet formado polos saxofonistas Tamara Souto Rey (soprano), María Loureiro Hernández (alto), Joel Rodrigo Mayán (tenor) e Esteban Cabana Pérez (barítono). Interpretarán música de Antoní Dvořák e Guillermo Lago.

Pecharán a semana o venres 25 ás 20:00 horas con Silvio Zalambani docente do Conservatorio de Trapani acompañado polo Ensemble de Saxofóns do CSM de Vigo. Interpretarán un concerto titulado El saxofón en la música de Latino America.

Todos os concertos terán lugar no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo ás 20:00 horas e a entrada aos eventos é libre ata completar aforo.

Máis

Hora

24 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Conservatorio Profesional de Música

Rúa Felipe Prósperi, 3, 36209 Vigo, Pontevedra

Other Events