14mai20:00Semana das agrupacións no CSM: Coro do CSMCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O mércores 14 ás 20:00 horas no Auditorio Martín Códax, o Coro do CSM de Vigo dirixido por Amalia Guerrero e acompañados polo pianista Pablo Rodríguez iniciarán a semana dedicada ás grandes agrupacións do CSM Vigo cun programa ecléctico que vai desde Palestrina ata compositores actuais.

O xoves 15 ás 18:00 horas será a Banda de Música do CSM de Vigo a que salga ao escenario do Auditorio Martín Códax. Neste caso Juan Carlos Díaz cederá a batuta ao director invitado Okko Kivikataja, profesor da Universidade de Ciencias Aplicadas de Metropolia, Helsinki (Finlandia). Interpretarán música de Claude Smith (1932-1987), Percy Aldridge Grainger (1882-1961), Jose Suñer (n. 1964), Bart Picqueur (n. 1972) e Ricardo Villa (1873-1975).

O venres 16, se as condicións meteorolóxicas o permiten, repetirán este concerto na Praza dá Princesa ás 19:00 horas en colaboración coa Federación de Bandas de Vigo.

O xoves 15 ás 20:00 horas será a quenda da Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo no Auditorio Martín Códax. A agrupación dirixida por Juan Carlos Díaz será guiada nesta ocasión por Okko Kivikataja. Interpretarán Poeta e aldeán (abertura) de Franz von Suppé (1819-1895) e Cadros dunha exposición de Modest Músorgski (1833-1881) coa orquestración de Maurice Ravel.

Pecharán a semana o venres 17 ás 20:00 horas no Auditorio Martín Códax coa Orquestra Barroca do CSM de Vigo dirixida por Pavel Amilcar nun concerto titulado Explica Callando sus Ansias: Bach-Handel.

O programa que presentan quere compartir dous mundos musicais profundamente conectados a través da emoción humana, a fe e o amor, con obras de Johann Sebastian Bach e Georg Friedrich Handel que nos convidan a reflexionar sobre a vida, a morte e a redención. A través destas pezas, a Orquestra Barroca do CSMVigo quere explorar, a partir da mestría de Bach e Handel, a capacidade para transmitir, desde a música, as ansias humanas máis profundas en busca de consolo, amor e esperanza.

Máis

Hora

14 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events