
Detalles do eventos
Cantometris serán as encargadas de iniciar unha intensa semana ao redor da música galega que terá o seu colofón coa presenza de Octavio Vázquez e
Detalles do eventos
Cantometris serán as encargadas de iniciar unha intensa semana ao redor da música galega que terá o seu colofón coa presenza de Octavio Vázquez e a súa música no CSM de Vigo.
O Conservatorio Superior de Música de Vigo acollerá os días 5, 6, 7 e 8 de maio a súa I Semana da Música Tradicional, unha iniciativa organizada polo Departamento de Música Tradicional e Popular no marco do ciclo Nas Ondas, promovido polo propio centro.
A programación, deseñada en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística, céntrase este ano na posta en valor do repertorio feminino de tradición oral, en homenaxe ás mulleres protagonistas do Día das Letras Galegas 2025.
O luns 5 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Martín Códax iniciarán a semana co concerto de Cantometris, grupo integrado por cinco músicas galegas con ampla traxectoria en diversos estilos. Presentarán Efémeras, o seu novo espectáculo interdisciplinar baseado na obra fotográfica de Ruth Matilda Anderson, quen percorreu Galicia nos anos 20 do século pasado. A proposta combina música, videocreación e fotografía, nunha reflexión artística sobre a memoria e a identidade galega.
O martes 6 de maio ás 19:00 horas será a presentación do libro Tocadoras do val do Dubra. Por que non hei de cantare, de David Fontán, Lucía Santiago e Carlos Rey, publicado na colección Chave Mestra de A Central Folque. O acto estará conducido por Ramón Pinheiro Almuinha, director e editor da entidade.
Ás 20:00 horas será o concerto do grupo de pandeireteiras Latriqueiras, da ACF O Fiadeiro, fundado en 2022 baixo a dirección de Tamara Costas. O grupo interpretará un repertorio baseado en fontes orais e arquivísticas, e ofrecerá unha homenaxe ás mulleres destacadas neste Día das Letras Galegas 2025: Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e as Pandereteiras de Mens: Manuela Lema Villar e as irmás Prudencia e Asunción Garrido Ameijende (Malpica de Bergantiños).
O mércores 7 de maio ás 19:00 horas, será a presentación da triloxía discográfica O Ronsel do meu sentir de Xoán Carlos Rilo, que recolle as súas composicións para gaita solista acompañada doutros instrumentos tradicionais e clásicos.
Ás 20:00 horas é o concerto do alumnado e profesorado do Departamento de Música Tradicional, cun programa centrado no repertorio das homenaxeadas, traballado a partir das fontes orixinais e cun enfoque creativo que mantén a súa esencia.
O xoves 8 de maio ás 20:00 horas é o concerto das Letras Galegas do CSM Vigo, coa participación do alumnado dos departamentos de Canto, IMTP, Guitarra, Composición e Produción e Xestión. O concerto contará tamén coas intervencións de Oswaldo Oro (guitarra e composición), Ángela Placer (composición), Iván Abal (zanfona) e José Manuel Fernández (piano e composición).
Esta primeira edición abre o camiño para a consolidación dunha programación anual ao redor da música tradicional no noso Conservatorio, co desexo de seguir profundando no estudo, a interpretación e a difusión da nosa cultura musical.
O venres 9 de maio ás 11:00 horas contarán coa presenza do compositor, Octavio Vázquez fincado en Nova York, onde reside e traballa, ofrecerá unha conferencia sobre a súa obra.
Pola tarde ás 20:00 horas o propio compositor asistirá ao estreo absoluta da Sonata para frauta e piano con Fernando Raña á frauta e Rasa Biveiniene ao piano. Ao comezo do concerto Octavio Vázquez fará unha breve introdución da obra comentando aspectos relevantes da composición. A continuación, será interpretado o Trío para clarinete, violoncelo e piano (Roberto Noite clarinete-, Luis Caballero –violoncelo– e Severino Ortiz –piano–) estreado parcialmente no ano 1994 en Madrid. Fai xa oito anos, en 2014, tiveron o pracer de asistir ao estreo da súa versión completa e definitiva no Auditorio Martín Códax e nesta ocasión será tamén introducido e explicado polo propio compositor.
Máis
Hora
5 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Conservatorio Profesional de Música
Rúa Felipe Prósperi, 3, 36209 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual