REVISTA NOVEMBRO

Saídas dos Merdeiros

17feb18:0020:00Saídas dos MerdeirosAS NOSAS FESTAS | De balde18:00 - 20:00(GMT+01:00) Casco Vello

Detalles do eventos

Os Merdeiros volverán facer das súas polas rúas e prazas da zona vella no serán do venres 17 (arredor das 18:00h), na mañá e tarde do domingo 19 e finalmente na mañá e tarde do martes 21 (ambos días entre as 11:00 e as 13:30h e as 17:00 e ás 20:00h).

O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mentalos atacaban a súa figura. Desde hai máis dunha década, a Asociación Etnográfica A Merdeira traballa para recuperar a súa figura e instaurala novamente nesta celebración tan festiva.

O obxectivo dos merdeiros é un: incordiar a todo aquel con quen se cruzan. Así o farán o próximo venres pola tarde e durante todo o día do domingo e martes de Entroido. “Tratamos de molestar a xente que anda pola rúa. Facémoslle a burla, algún xogo, finximos que lle imos roubar o bolso, incluso os manchamos un pouco con fariña”, explica Adrián Román un dos membros da Asociación Etnográfica ‘A Merdeira’. Adrián recórdannos que a esencia do Entroido é precisamente a de “incumprir as normas”. Foi precisamente esta faceta rebelde a que fixo que nos anos 20 se prohibise a figura do Merdeiro ao igual que se prohibiron personaxes típicas dos entroidos que se celebran noutras partes de Galicia. “Era unha época na que primaba o Entroido de estilo burgués con grandes carrozas e bailes de antefaces”, sinala Otero e engade que a figura do Merdeiro incomodaba as autoridades.

Grazas a un estudo realizado por Xerardo Santomé no 2005 púidose recuperar a figura do Merdeiro na cidade de Vigo e no 2006, despois de máis de 80 anos, os Merdeiros volveron saír a rúa.

*Os horarios son estimados

Máis

Hora

17 febreiro, 2023 18:00 - 20:00(GMT+01:00)

Localización

Casco Vello

Casco Vello, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events